Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Trío de Presidencias

José Luis Rodríguez Zapatero, Herman van Rompuy y Gordon Bajnai durante la presentación del logo de la "Presidencia trío", en Bruselas. EFE

Tres ondas rompen xuntas | O trío chegou | ao porto. (Herman Van Rompuy)

A Presidencia española coincide co inicio dunha nova fase da UE, cun Parlamento e Comisión renovados e cun novo tratado en vigor dende o 1 de decembro. Con esa previsión, España, Bélxica e Hungría elaboraron, conforme ás novas normas que rexen en Europa, un programa de traballo para o período de 18 meses, durante o cal exercerán a Presidencia de xeito sucesivo.

Será o primeiro trío de presidencias que se formaliza e exerce as súas funcións en virtude do Tratado de Lisboa. O obxectivo deste novo procedemento é dotar dunha maior continuidade as iniciativas e traballos da UE.

O programa de traballo das presidencias española, belga e húngara abrangue de xaneiro de 2010 a xuño de 2011 e está dividido en dúas partes:

A primeira parte contén o marco estratéxico, que sitúa as prioridades de traballo no contexto actual e detalla os obxectivos de máis longo alcance. Alude:

- Á revisión da estratexia de Lisboa para construír unha Europa capaz de superar a crise e promover o crecemento sustentable e o emprego, a innovación e a competitividade.

- A Unha mellor supervisión dos mercados financeiros.

- A unha axenda social máis ampla, con especial atención á xuventude, á igualdade de xénero e á loita contra a pobreza.

- Á aplicación e posible revisión do paquete de medidas sobre a enerxía e o cambio climático, á luz dos resultados da Conferencia de Copenhague.

- Á aplicación efectiva do programa de Estocolmo para un espazo de liberdade, seguridade e xustiza que inclúa o desenvolvemento dunha política europea de inmigración e asilo.

- Ao aumento da efectividade, coherencia e perceptibilidade da acción exterior da UE e ao fomento dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais.

A segunda parte constitúe o programa operativo, o cal presenta as cuestións concretas que está previsto que aborde o Consello da UE nos próximos 18 meses.

Enlaces de Interése